RianxoSenCabos tenta organizar a impartición duns cursos de informática a nivel usuario durante o vindeiro verán. Os cursos propostos nun principio son:
- Arquitectura, montaxe e posta a punto de equipos informáticos:
- Redes (WiFi, LAN, WLAN...)
- Introducción á programación (Introducción a C)
- Creación e administracion de paxinas web con base en CMS's (Portais, foros, tendas online...)
Á espera de confirmación, e dependendo da demanda dos mesmos, dende RsC tentamos seguir fomentando o uso das novas tecnoloxías e darlle para diante a este proxecto, polo cal xa temos á vosa disposición un formulario para os interesados ao cal podedes acceder no enlace "Cursos/Talleres" do menu superior desta mesma web ou directamente dende aquí
Esperamos que esteades interesados e que non dubidedes en facernolo saber a traves do noso formulario
